Etiquetas

9 de xullo de 2013

Debian 7.0 Wheezy: Instalar Virtual Box


Á hora de instalar VirtualBox podemos instalar 2 partes:


  1. Paquete básico con todos os compoñentes do VirtualBox
  2.  
  3. O Oracle VM VirtualBox Extension Pack, que permite ampliar as funcionalidades de VirtualBox (obter acceso aos portos USB, configurar o USB 2.0, etcétera)
Despois en cada máquina virtual é imprescindible instalar os "drivers" de virtualBox ou "VirtualBox Guest Additions", que permiten mellorar a eficiencia da máquina virtual e permiten compartir escritorio e portapapeis coa máquina anfitrión.


1.- Instalar o paquete básico de Oracle VirtualBox en Debian 7.0 Wheezy

O primeiro que temos que facer é engadir o repositorio para poder descargar Virtual Box: 


  • Accedemos a:

    #nano /etc/apt/sources.list
  •  
  • Ao final engadimos o seguinte repositorio:

  • deb http://download.virtualbox.org/virtualbox/debian wheezy contrib
     
  • Escribimos o seguinte código para descargar o paquete de VirtualBox 4.2:

  • wget -q http://download.virtualbox.org/virtualbox/debian/oracle_vbox.asc -O- | sudo apt-key add -

  • Actualizamos a lista de paquetes:

  • aptitude update

  • Procedemos a instalar o paquete VirtualBox 4.2:

  • aptitude install virtualbox-4.2

2. Instalar VirtualBox 4.2.12 Oracle VM VirtualBox Extension Pack

É importante que a versión que se instale de Extension Pack sexa a mesma que a de VirtualBox que temos instalada.


  • En primeiro lugar imos descargar desde o repositorio de VirtualBox o Extension Pack:

  • wget -c http://download.virtualbox.org/virtualbox/4.2.12/Oracle_VM_VirtualBox_Extension_Pack-4.2.12-84980.vbox-extpack


  • Accedemos á carpeta onde se descargou o pack, e pulsamos doble clic sobre o mesmo para instalar. Seguimos os pasos indicados no proceso de instalación.

2.1. Engadir o noso usuario ao grupo vboxusers

Para poder empregar os dispositivos USB, temos que engadir o noso usuario (@whoami, para saber cal é o noso usuario)ao grupo vboxusers.


  • Desde a consola escribimos: 
  • #adduser teu_usuario vboxusers

E xa estamos preparados para empregar VirtualBox e comezar a Virtualizar